lunes, 30 de abril de 2007

"Xebras Eumesas"

Xosé Paz Fernández, "Pepucho", compón cos seus libros un collage no que vai debuxando unha peculiar historia de Pontedeume, que recolle o espíritu da vila a través das súas cancións, os seus poetas e os seus pequenos grandes acontecementos. "A historia está perdida, hay que recollela", di. Él amparouse en facelo a través de súa grande paixón: a música.

Por iso busca, escoita e garda todo canto teña que ver con unha tradición da que él é, e foi parte a través da Coral Polifónica Eumesa -que dirixe-, ou os grupos Breamo e Folerpiñas, entre outros.

Na imprenta está xa o seu terceiro libro. Chega anos despois dos tomos do "Cancioneiro Popular Eumés" (de 1994 e 1998 respectivamente). No volumen, que terá en torno ás 700 páxinas, poderánse encontrar máis dun centenar de fotografías -na súa maior parte, antigas-, poesías, biografías, acontecementos e tamén 95 partituras. Moitas delas son cancións infantis, mentras que outras son do propio Xosé Paz ou de compositores da vila como Xosé Carlos Barros.

Ademáis, recuperou unha partitura de Manuel Lamas que gardaba o Real Coro Toxos e Froles.

No libro hai espazo para poesías de xóvenes autores da vila que encontran eiquí unha vía de expresión e outras de bardos de máis idade.

Outro apartado -"quizáis o máis interesante, porque che vai revelando cómo foi Pontedeume"- adícase a acontecementos e biografías. Xosé Paz descubríu nos exemplares de "El Eume" e outros periódicos que se gardan na biblioteca, datos sobre a cantante de ópera Rosario Salgado (que falecéu en 1932), sobre recitais poéticos e concertos, ou o mítico Desfile das Estrelas no que tamén él participóu. "A xente de Pontedeume vai a gozar con este libro porque hai moitas cousas raras y descoñecidas", explica.

No séu "Xebras eumesas", este filloo Predilecto de Pontedeume e Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes do Rosario ofrece "un abono para as novas xeracións, para que teñan unha referencia do que foi Pontedeume musicalmente".

Domingo 29 de marzo, Diario de Ferrol.

www.pontedeumeonline.com