martes, 17 de abril de 2007
Real Coro Toxos e Froles
O Real Coro Toxos e Froles, decano de tódolos coros de Galicia, foi fundado no ano 1914 por un grupo de xente comprometido para co folclore galego. Actuou por primeira vez o 29 de Maio do ano 1915 no Teatro Jofre de Ferrol. Obstenta o título de Real dende o 1 de Xaneiro do ano 1928, outorgado por S. M. O Rei de España D. Alfonso XIII.
Ó longo da súa historia, da que no presente ano cumple o 85º Aniversario e trala desaparición do primeiro Coro "Aires d'a terra, cosechou os maiores éxitos que calquera Agrupación destas características pode alcanzar. Sobradamente coñecido en Galicia, actuou tamén en boa parte de España así como en Portugal, Inglaterra, Suíza, Francia e México principalmente. En Francia estivo en París, no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña), no Festival Internacional de Le Puy en Velay.
O que nos principios foi creado como Coro e Teatro Popular, unha das xenuínas formas de representación da cultura galega, co paso dos anos ampliouse a outras seccións, polo que hoxe se pode dicir qu no seno da nosa Sociedade distínguense as seguintes:
Real Coro "Toxos e Froles"
Grupo de Instrumentos Tradicionais e Populares "Manuel Lorenzo"
Banda de Gaitas "Terra de Trasancos"
Grupo de Cantareiras "Gradaílle"
Grupo de Baile "Perfecto Feijoo"
Escola de Instrumentos Tradicionais e Populares "Manuel Lorenzo"
Escola de Bailes Tradicionais "Perfecto Feijoo"
Escola de Cantareiras "Gradaílle"
Escola de Palilleiras "Elvira Alberto Munduata"
Sin deixar de lado a participación e a programación de actos culturais, Bibilioteca, Archivo Musical e Histórico e Museo. Os seus fondos documentais orixinais e manuscritos son obxeto de estudio e catalogación por especialistas etnográficos e literarios.
Miña nai como corista, e dalgunha maneira, un dos meus curmáns, forman parte da historia do Toxos.