jueves, 5 de abril de 2007
O Modernísmo
En Ferrol temos unha boa cantidade de edificios modernistas, grazas ó traballo, sobor de todo, de Rodolfo Ucha (Casa Brañas, na foto).
Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (En Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.
As características máis importantes de dita corrente literaria son o preciosismo, exotismo, a alusión ós nobres, mundos desaparecidos (a idade media cabaleiresca, as cortes dos Luíses en Francia, as monarquías chinesas e xaponesas). Mención dos obxectos preciosos. Símbolo: cisne.
O modernismo opón o latino ó anglosaxón. O modernismo é unha reacción que vai en contra do positivismo, e interésase pola teosofía. Na narrativa oponse ó realismo, optando pola novela histórica ou a crónica de experiencias da alucinación e a loucura; a descrición de ambientes de refinada bohemia. Introduce o personaxe da muller fatal, que leva ós homes ó pracer e a morte.
De acordo con Francisco Rico, a palabra modernismo, foi un calco dunha tendencia heterodoxa con respecto ó catolicismo tradicional, condenada como modernismo por Pío X e León XII, e que foi debatido nas dúas últimas décadas. Posteriormente foi un calco despectivo do moderno. Ata que os modernistas a adaptaron como signo de identidade. (Rico, Francisco "O Modernismo como actitude" p.46).
www.wikipedia.org