miércoles, 18 de abril de 2007

Homenaxe ós nosos músicos




















Houbo un tempo en que polas parroquias de Lourenzá abundaban os afeccionados á música, afeccionados que fixeron da música a súa forma de vida, que estaban orgullosos da súa arte.Ese orgullo animáballes a mellorar día a día, todos oístes falar dos Petos, a Banda do Val, e seguro que de moitos máis grupos e orquestras.

O concello fixo un interesante labor de investigación, procurando información e documentos gráficos que foron plasmados nun libriño de similar formato ao de "Os Cocos de Lourenzá".

A presentación oficial do libro será o 1º de Maio ás 19 hs., nun ACTO HOMAXE AOS NOSOS MÚSICOS que se celebrará na Discoteca El Recreo.

Pero iso non é todo, para completar a homenaxe, e de paso estrear o renovado Kiosko da Música da Praza do Condesanto, haberá unha serie de concertos de Bandas de Música.A primeira cita será este próximo domingo 22 de abril ás 12:30 hs. cun concerto da Banda de Música Municipal de Foz.

A segunda quenda corresponderá á Banda de Música Municipal de Burela, e será o domingo 29 de abril ás 12:30 hs.E para rematar, o mesmo día da homenaxe, o 1 de maio ás 12:30 hs. actuarán os músicos da Banda de Música Municipal de Ribadeo.

www.pontedapedra.com