Nunha noite máxica os habitantes de Lourenzá e algúns visitantes puidemos gozar dun bo espectáculo a cargo do Mago Antón e os seus colegas.
O bo clima acompañou ao ilusionista, ou foi precisamente iso?, unha mera ilusión, ao longo da velada.
O espectáculo consistiu nunha serie de actuacións doutros magos, como David de Neda, Cyril Sinclair, Rafa, Vituco, e Anyo, na que o Mago Antón oficiaba de mestre de cerimonias e entre mago e meigo ofrecíanos os seus trucos.
O público presente pasoullo en grande participando activamente nas actuacións. Serán especialmente recordados por todos "Os Nenos de San Ildefonso" e a actuación de Galán e Juan (Cabrito).
www.pontedapedra.com