EUROEUME CONVOCA “ASAMBLEA XERAL ORDINARIA”.
O próximo venres, 13 de xullo, ás 19.30 horas, celebrarase na Casa da Cultura do Concello de A Capela, unha nova convocatoria da “Asamblea Xeral Ordinaria” da Asociación Euroeume. Esta asamblea está aberta a tódalas asociacións e persoas do territorio interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.
Nesta ocasión os temas incluidos na orde do día refírense á aprobación das contas do exercio anterior, e do orzamento do exercicio actual. Por outra parte informarase dos diferentes proxectos e actividades desenvoltas por Euroeume ó longo do ano 2006: Programa EQUAL muller XXI, Programas vinculados a IRPF e Xestión da Iniciativa Comunitaria Leader +, tanto dos proxectos subvencionados como dos proxectos impulsados pola Asociación: Xornal comarcal Pegadas, musealización do Castelo de Moeche, implantación da Axenda 21 local, desenvolvemento dun Sistema de Información Xeográfico do territorio e Universidade Rural Paulo Freire.
As Pontes, 11 de xullo de 2007.
www.pontedeumeonline.com